Antes de nada invítovos a que vexades o vídeo que fixemos entre todos os profes. Está na Páxina Web do cole. Atoparédesme facilmente e miraredes a foto de arriba onde saídes. Para que vexades que non me olvido de vós.
Ademais, desexo que a vosa primeira saída, logo de tanto tempo na casa, fose entretida e vos fixera felices. Xa queda menos!
Recórdovos que me mandedes unha mensaxe ao Correo Abalar para dicir se rematastes a tarefa anterior; faltan bastantes nenos/as por escribirme. Lembrade que tendes que mandar a foto do traballo da II República, non as teño todas. Tamén tende en conta as solucións das tarefas que incorporo, polo que tendes que fixarvos e corrixir ben.
Mirade no Blog todas as entradas desta semana, unha por materia, que tamén estarán enlazadas na Páxina Web, pinchando enriba da Carpeta de 6º. E tamén na Web do cole, cada semana, haberá un reto que podedes intentar cumprir.
TRABALLO SOCIAIS
1.- Incorporo o Traballo de un de vós sobre a II República para que corrixades, pero as contestacións poden ser máis amplas.
Non me é posible subilos todos, pero eu toma nota de quen o enviou, corríxoos e arquívoos.
Non me é posible subilos todos, pero eu toma nota de quen o enviou, corríxoos e arquívoos.
2.- TAREFAS PARA ESTA SEMANA:
* Iniciamos o Tema 5.
Lemos con atención e buscamos máis información para facer un Traballo de Investigación.
Este traballo facémolo na libreta, copiando as preguntas unha a unha, respondendo e poñéndo de Título:
* A GUERRA DE INDEPENDENCIA
1.- Quen rei reinaba en España antes da Guerra de Independencia?
2.- Quen era o seu "valido"?
3.- Que é un "valido"?
4.-Cando empezou a Guerra da Independencia?
5.-Quen invadiu España?
6.- A quen puxeron de rei?
7.- Quen foron os primeiros en rebelarse e en que data?
8.- Que outros 2 países, ademais de España, loitaron contra os franceses?
9.- De que forma venceron os españois aos franceses?
10.- Cando rematou a Guerra de Independencia?
11.- Que outros países invadiu Napoleón?
12.- A Constitución de 1.812 elaborouse en Cádiz durante a Guerra. Cita tres aspectos que recollese esta Constitución.
13.- Cada 28 de marzo celébrase "A Reconquista de Vigo" nesta cidade. Que feitos ocurriron para que aínda hoxe se conmemore esta data?
TENDES QUE MANDAR UNHA FOTO DO TRABALLO.

No hay comentarios:
Publicar un comentario