NATURAIS
* Seguide repasando o Tema da Nutrición: os exercicios, esquemas e debuxos realizados e, ademais, facendo as actividades dixitais.
Tarefas a realizar:
*Fixestes unh a 1ª Investigación sobre o Coronavirus que vos propuxen a vez anterior. Pero dende aquela descubriuse máis información que me gustaría que averigüedes.
Polo tanto estas son as preguntas a responder nesta 2ª Investigación:
Copiade as preguntas na libreta de Naturais e contestádeas:
1.- As persoas que saen fóra da casa a traballar ou a mercar nas tendas e farmacias abertas, que deben procurar levar posto?
2.- Unha vez fóra da casa, que recomendacións se deben seguir para evitar os contaxios?
3.- Cando regresan a casa, que deben facer e por que orde?
4.- A que temperatura é conveniente lavar a roupa na lavadora logo de regresar a casa?
5.- Que tipo de "mascarillas" hai? Protexen todas por igual?
6.-Todas as persoas con virus teñen síntomas? Se non os teñen, como se chaman?
7.- Basicamente hai 3 tipos de Test para detectar o virus: rápidos, PCR e serolóxicos. Averigua cales son as características de cada un?
8.- Que tipo de medicamentos se lle estan dando os enfermos?
9.- Que son os "respiradores" e hai os suficientes para todos os enfermos?
10.- Que é unha UCI dun hospital?
11.- Está España entre os países que están procurando obter unha vacina? Onde máis se está experimentando para conseguila?
12.- Como non había suficientes camas nos hospitais, que se construiron? Quen axudou a facelo?
13.- Que traballos sanitarios realiza o exército?
14.- A que sector da poboación está afectando máis a enfermidade? Onde residen?
12.- Como non había suficientes camas nos hospitais, que se construiron? Quen axudou a facelo?
13.- Que traballos sanitarios realiza o exército?
14.- A que sector da poboación está afectando máis a enfermidade? Onde residen?
No hay comentarios:
Publicar un comentario